Pois si che digo a verdade… nisto da pintura sempre me considerara un negado (eu érache máis de lapis e carboncillo). Ata que un día empecei medio de coña… e dende aquela estou manchado de pintura continuamente!
Agora atrévome con encargos de todo tipo, fago o que sexa, onde sexa e a partir de calquer tipo de foto ou idea. E ollo! que dixen "atrévome" e non "realizo con éxito asegurado". Unha de dúas: ou non paro ata que quede contento, ou deixo todo como estaba, e non vexo un peso (aínda non se deu o caso jrasias a dios).
Murais, retratos, caricaturas, cadros abstractos ou realistas, aerografía de cascos, carenados… Ti propón.